jueves, 24 de noviembre de 2016

Benvidos e benvidas!

Benvidos a todos e a todas a O Val da Xuventude, unha bitácora na cal queremos poñer ao alcance dos mozos e mozas de Valga toda aquela información que resulte de interese. 

Desde becas e viaxes, pasando por concertos e concursos de diferentes ámbitos, ata as últimas novidades relacionadas co IES de Valga. Con todo isto tentaremos achegarvos un pouco máis a aquilo que máis vos atraia. 

Estamos abertos a calquera tipo de suxerencias, polo tanto, se vos gustaría que algunha outra sección estivese presente no blog, non tedes máis que deixalo no apartado de comentarios. 

Sen máis, un saúdo e de novo BENVIDOS.

1 comentario: